Friday 03 de May de 2024

Exposición e venda dos traballos da Asociación a Creba


Con motivo das Festas do Nadal, a asociación Pro Saúde Mental A Creba realizará unha exposición e venda dos seus productos na Casa de Cultura Raquel Fernández Soler do Concello da Pobra do Caramiñal. Os materiais expostos elabóranse de forma artesanal nos talleres ocupacionais da entidade. Mercando estos productos colabórase na rehabilitación de persoas con doenzas mentais.
A Asociación Pro Saúde Mental A Creba é unha asociación composta de familiares de persoas que padecen unha enfermidade mental severa, afectados e persoas sensibilizadas con esta problemática. Nela levánse a cabo tarefas de asesoramento, orientación e formación de afectados, familiares, coidadores e calquer persoa interesada.
A exposición iniciarase o vindeiro luns 15 de decembro e rematará o 09 de xaneiro de 2015.